Rocío González

Rocío González

Rocío González é actriz e desde hai anos compaxina o seu traballo na escena coa gravación de audiolibros para a ONCE, organización para a que xa locutou máis de 300 obras ata o de agora.

Colabora habitualmente con produtoras como Illa Bufarda e A&B Comunicación para as que prestou a súa voz en diversas pezas de publicidade e videos promocionais.

Leva anos colaborando coa editorial Obradoiro-Santillana, locutando todo tipo de material pedagóxico.

Tamén participou no proxecto de Rebordelos “Es ti que cantas”, que recolle toda a obra de Rosalía de Castro en galego en formato audiolibro, dándolle voz aos poemas da autora.

Xosé Barato

Xosé Barato é actor. Ten desenvolto o seu oficio no cinema, no teatro e na televisión.

Como actor de voz realizou múltiples traballos de dobraxe, locucións para documentais de cinema e televisión, voces para pezas de artes escénicas, audiolibros, audioguías e ficcións sonoras.

Encargouse da dirección artística do proxecto de Rebordelos Es ti que cantas, a obra completa en galego de Rosalía de Castro en formato audiolibro.

Desde hai anos colabora coa editorial Obradoiro-Santillana producindo e locutando material sonoro para proxectos pedagóxicos.

Xosé Barato